Rueda pon en valor o nivel dos deportes de motor en Galicia
Reuniuse co piloto Fran Gómez Pallas con motivo da súa vitoria no Rally Dakar 2026 na categoría de motos eléctricas
Destaca que entre 2009 e 2026 o Goberno autonómico apoiou ao motociclismo galego con preto de 1,9 M€
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o nivel dos deportes de motor en Galicia durante a recepción a Fran Gómez Pallas con motivo da súa vitoria no Rally Dakar 2026 na categoría de motos eléctricas, celebrado do 3 ao 17 de xaneiro en Arabia Saudita.
Ao respecto, o titular do Executivo galego encomiou que o piloto foi un dos pioneiros da mobilidade sostible na competición.
Ademais, Rueda destacou que o motociclismo en Galicia contaba, a finais do ano pasado, con 617 licencias en activo e un total de 48 clubs, e que entre 2009 e 2026 o Executivo autonómico apoiou esta actividade con preto de 1,9 M€.