A Xunta adxudica por máis de 191.000 euros o subministro e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo

A Xunta compaxina a finalización da obra coa contratación do equipamento necesario para a posta en marcha do novo centro hospitalario

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2026

A Xunta vén de adxudicar á empresa Steelco España solucións integrais en esterilización, SL, por importe de 191.087 euros, a subministración e instalación de lavacuñas termodesinfectadoras con destino ao Hospital Novo Montecelo.

Este procedemento responde á necesidade de mellorar os servizos de atención sanitaria da área de Pontevedra e O Salnés coa adquisición de lavacuñas termodesinfectadoras tanto nas unidades de hospitalización como ambulatorias como no resto de unidades asistenciais que necesiten deste servizo.

De forma paralela á obra, na que a Xunta está a investir 170 millóns de euros, a Consellería de Sanidade está a levar a cabo a compra e instalación do equipamento do novo hospital por importe de 30 millóns de euros de cara á próxima posta en marcha do centro hospitalario.

Data de actualización: 16/05/2026