O delegado da Xunta en Lugo participa na entrega de premios da proba da Copa de España de BTT celebrada en Outeiro de Rei

Outeiro de Rei (Lugo), 17 de maio de 2026

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de galardóns da proba da Copa de España de BTT - Gran Premio Internacional XCO Penas de Rodas. A Xunta apoiou esta cita deportiva, organizada polo Team Bike Outeiro de Rei.

Trátase da cuarta carreira puntuable do certame estatal e esta edición ten especial importancia para a provincia, xa que por primeira vez se inclúe no calendario lucense unha proba internacional de XCO (Cross Country Olímpico).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2026