Villaverde destaca o papel do sector loxístico na distribución dos produtos do mar galegos
Santiago de Compostela, 18 de maio do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo un encontro con responsables do Grupo Norfrío, empresa referente europeo na loxística do frío. Na xuntanza, os representantes da compañía, con catro décadas de traxectoria no sector, expuxeron a súa actividade actual e as principais liñas de traballo da firma con sede no concello de Mos.
O encontro, enmárcado no diálogo constante da Xunta cos distintos axentes vinculados á cadea mar-industria, permitiu analizar a situación do sector e a importancia estratéxica desta actividade para o tecido produtivo galego. A responsable autonómica, puxo en valor o papel destas empresas loxísticas cuxo liderado permite distribuír os produtos do mar en óptimas condicións polos puntos de venda nacionais e internacionais.