Medio Rural reforza a colaboración e coordinación coa Fiscalía de Galicia na loita contra os incendios

A Coruña, 18 maio de 2026

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, reuniuse hoxe coa fiscal superior da Comunidade Autónoma de Galicia, Carmen Eiró. Na xuntanza participaron tamén integrantes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural.

Este encontro de traballo centrouse no reforzo da colaboración e a coordinación en materia de loita contra o lume, especialmente no que atinxe á investigación e á persecución e control da actividade delituosa incendiaria. En particular, abordouse todo aquilo que ten que ver coa posta a disposición xudicial dos responsables dos incendios, un labor no que Medio Rural vén cooperando intensamente coas Forzas e Corpos de seguridade do Estado, fundamentalmente a través da actuación da UIFO, como unidade especializada na materia. De feito, desde 2021 puxéronse a disposición xudicial un total de 132 persoas en dispositivos que contaron coa participación de axentes da UIFO.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/05/2026