A Xunta destaca en Ferrol o modelo galego de captación de talento exterior vinculado á demanda das empresas e á integración sociolaboral
Ferrol, 21 de maio de 2026
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Ferrol na apertura do II Foro de Estranxeiría do Patronato Concepción Arenal. Alí salientou o modelo propio de captación de talento exterior baseado nunha inmigración controlada, segura e eficaz, vinculada á demanda das empresas e cunha integración sociolaboral en beneficio da Comunidade.
Lembrou que con esta folla de ruta a comunidade pon o foco no retorno das persoas emigrantes galegas e, nun segundo eixo, na captación de traballadores de terceiros países. Neste último eido, expuxo que é prioritaria a axilidade nas autorizacións iniciais de traballo, sobre as que o traspaso de competencias está solicitado ao Goberno central