López Campos pon en valor a importancia de “conservar e prestixiar o traxe tradicional galego, un dos emblemas da nosa identidade”
Lugo, 23 de maio de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, inaugurou hoxe o espazo Relembra da Vestimenta Galega, situado no barrio da Tinería en Lugo. Alí puxo en valor a importancia de conservar e prestixiar “un dos emblemas da nosa identidade para que continúe contando a historia e, asemade, poña de manifesto a riqueza patrimonial que temos na nosa terra”.
Neste senso, o representante de Cultura do Goberno galego agradeceu e recoñeceu o traballo do grupo etnográfico Traxandaina, impulsor deste espazo, “e de todas as asociacións e agrupacións que levan a cabo a, de forma comprometida e xenerosa, esta labor de difusión e conservación”. Así, destacou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa que, ademais de preservar a vestimenta tradicional, persegue impulsar unha maior accesibilidade no coñecemento da tradición e actuar coma dinamizador cultural da cidade.