A Xunta saca a contratación un novo paquete de 22 obras en centros educativos por máis de 5 M€
Eleva así a 38 as novas actuacións impulsadas este ano ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, cun orzamento de máis de 21 M€
Trátase, fundamentalmente, de novas cubertas para mellorar a eficiencia enerxética dos centros e de instalacións de ascensores para unha maior accesibilidade
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2026
A Xunta de Galicia está a licitar un novo paquete de 22 obras en centros educativos por máis de 5 M€. Súmase ás 16 primeiras intervencións do ano, que teñen xa todas elas empresa adxudicataria, elevando así a 38 as novas actuacións impulsadas desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no que vai de 2026, por un importe de máis de 21 M€.
As novas intervencións son, fundamentalmente cambios de cubertas, dirixidos a mellorar a eficiencia enerxética dos centros, e instalacións de ascensores, en prol dunha maior accesibilidade. Máis do 80%, 18 delas, están xa licitadas, mentres que as catro restantes se sacarán a contratación ao longo das próximas semanas.
En paralelo, continúanse executándose obras anteriores grazas á intensa aposta que a Xunta está a facer pola modernización dos centros educativos a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica iniciado en 2021 e que xa supera as 3.000 intervencións.
A relación de 22 novas actuacións é a recollida na seguinte táboa:
|
Concello |
Centro |
Tipo de obra |
Importe |
|
|
PROVINCIA DA CORUÑA |
||||
|
Camariñas |
CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto |
Ascensor |
74.837,42 € |
|
|
A Coruña |
CEIP Sal Lence |
Cambio de cuberta |
233.510,35 € |
|
|
Ferrol |
CEIP de Esteiro |
Ascensor |
98.633,15 € |
|
|
Ferrol* |
CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira |
Ascensor |
73.981,41 € |
|
|
Melide |
CEIP Mestre Pastor Barral |
Cambio de cuberta |
447.738,10 € |
|
|
Narón* |
IES As Telleiras |
Cambio de cuberta |
495.142,94 € |
|
|
Ponteceso |
IES Eduardo Pondal |
Cambio de cuberta |
427.901,75 € |
|
|
As Pontes de García Rodríguez |
CEIP Plurilingüe Santa María |
Cambio de cuberta |
223.079,79 € |
|
|
Rianxo |
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao |
Ascensor |
117.759,60 € |
|
|
Ribeira |
CEIP de Olveira |
Ascensor |
76.629,30 € |
|
|
Sobrado |
CEIP Plurilingüe Virxe do Portal |
Cambio de cuberta |
181.466,25 € |
|
|
Teo |
CEIP Plurilingüe A Igrexa-Calo |
Ascensor |
68.751,10 € |
|
|
PROVINCIA DE LUGO |
||||
|
Meira* |
IES Pedregal de Irimia |
Cambio de cuberta |
165.338,84 € |
|
|
PROVINCIA DE OURENSE |
||||
|
Sandiás |
CEIP de Sandiás |
Cambio de cuberta |
224.582,44 € |
|
|
PROVINCIA DE PONTEVEDRA |
||||
|
Bueu |
CEIP Plurilingüe da Torre-Cela |
Cambio de cuberta |
331.730,38 € |
|
|
Gondomar* |
IES Auga da Laxe |
Cambio de cuberta |
264.469,35 € |
|
|
Moaña |
IES Plurilingüe A Paralaia |
Cambio de cuberta |
364.786,08 € |
|
|
Ponteareas |
IES Plurilingüe Pedra da Auga |
Cambio de cuberta |
380.993,28 € |
|
|
Valga |
CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo |
Cambio de cuberta |
279.191,36 € |
|
|
Valga |
IES Plurilingüe de Valga |
Ventilación talleres de soldadura |
206.016,44 € |
|
|
Vigo |
CEIP de Coutada-Beade |
Cambio de cuberta |
192.764,24 € |
|
|
Vigo |
CEIP Eduardo Pondal |
Cambio de cuberta |
160.182,00 € |
|
*Pendente de licitación
Máis de 73 M€ este ano
Cómpre lembrar que os Orzamentos da Consellería deste ano contemplan unha partida de 73,6 M€, un 4% máis, para obras en centros de ensino de todo o territorio galego. Isto inclúe tamén as anualidades de actuacións tan importantes como o Instituto Domingo Villar (17,8 M€), no barrio vigués de Navia, que acaba de comezar a construírse, así como do novo Colexio do Milladoiro (Ames, 11,6 M€), no que avanzan xa as obras.