Extinguido un incendio no concello coruñés de Monfero, parroquia de Queixeiro, que afectou o Parque Natural das Fragas do Eume
O lume iniciouse ás 23.04 horas de onte e rexistrou finalmente unha superficie de 1,6 hectáreas, todas elas de monte arborado
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que un incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Monfero, parroquia de Queixeiro, que afectou parcialmente o Parque Natural das Fragas do Eume, deuse por extinguido ás 2.30 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 23.04 horas de onte e afectou finalmente unha superficie de 1,6 hectáreas, todas de monte arborado e unha parte delas dentro do parque. Para a súa extinción mobilizáronse 1 axente, 2 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.