Rábade acolle este sábado a cuarta edición do Festival ‘Entrepontes’, que conta co apoio da Xunta
Mirando Flores, Ulex, Monouilous DOP, Amor Líquido, Parquesvr e Pladür actuarán nesta cita impulsada pola Asociación Cultural Fillos do Chaira, que tamén ofrecerá actividades para o público infantil no ‘Festivaliño’
Rábade (Lugo), 25 de maio de 2026
Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. A Xunta colabora coa iniciativa.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita na Casa do Concello rabadense, xunto coa alcaldesa, Remedios González, e membros da organización.
Mirando Flores serán os o encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor Líquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.).
Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.
Arias felicitou aos organizadores por impulsar un festival de música en directo deste nivel, gratuíto e accesible para todos os públicos. Apuntou que este tipo de iniciativas “supoñen un novo atractivo para dinamizar a zona”, ao tempo que “fomentan a descentralización da cultura” e axudan a crear novos públicos.