Alfonso Villares participa nos actos das Festas do Oito, en Ferreira do Valadouro

O Valadouro (Lugo), 7 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe nos actos programados polas Festas do Oito, que chegan ao seu remate en Ferreira do Valadouro. A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego.

Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/09/2026