Medio Rural e o Concello da Arnoia avalían vías de colaboración para impulsar a súa IXP de Pemento
A Arnoia (Ourense), 25 maio de 2026
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión co alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, para avaliar vías de colaboración para continuar impulsando a Indicación Xeográfica Pemento da Arnoia. Esta IXP é un dos nove selos de calidade diferenciada de produtos vexetais recoñecidos en Galicia, sendo cinco deles de pementos.
A maiores, tamén puxeron en valor o papel da Festa do Pemento da Arnoia como evento que contribúe á promoción deste produto. Neste sentido, desde a Consellería do Medio Rural cóntase co Plan Saborea Galicia Calidade Diferenciada, dotado este ano con 10 millóns de euros, para favorecer a difusión deste tipo de produtos nos mercados.