Xunta e CDTI reúnense para avaliar proxectos de futuro que amplíen a súa frutífera colaboración

Madrid, 28 de maio de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, desprazouse hoxe a Madrid para reunirse co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), axencia de innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades coa que a Xunta de Galicia ten unha longa traxectoria de colaboración. O obxectivo é avaliar posibles futuros proxectos que amplíen esta liña de traballo e resulten beneficiosos para España e para Galicia.

O responsable de I+D+i do Goberno galego, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, lembra os bos resultados acadados por Galicia nas últimas convocatorias resoltas polo CDTI, que estivo representado na reunión pola secretaria xeral de Innovación, Teresa Riesgo; pola secretaria xeral de Investigación, Eva Ortega, e polo propio director do CDTI, José Moisés Martín, a quen agradeceu a disposición para procurar novas iniciativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2026