A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, firmou hoxe o acordo, que se suma aos xa rubricados con outras 4 entidades

A Xunta asina un novo convenio para facilitar o aval bancario na adquisición da primeira vivenda, especialmente para menores de 36 anos

Estes avais da Xunta sufragan o 20% do custe de adquisición das vivenda

Destínanse 5M€ de fondos propios da Xunta a avalar o préstamo hipotecario na adquisición por parte da mocidade do seu fogar, mentres que no caso de vivenda protexida non existe límite de idade para acceder a estes avais

O prazo para solicitar estas axudas permanecerá aberto ata o 30 de outubro

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, asinou hoxe en San Caetano un novo convenio para facilitar o aval da Xunta, dirixido a axudar na adquisición da primeira vivenda, especialmente para persoas menores de 36 anos.

En concreto este novo acordo de colaboración foi rubricado esta mañá pola conselleira con José Antonio Benavides López, director territorial Norte de Cajamar Caja Rural, Sociedad Cooperativa de Credito, e se suma aos xa asinados pola Xunta coas enidades finaceiras: Abanca, Caixa Rural Galega, Unicaja e Banco Sabadell.

No acto de firma, M. Allegue reiterou a importancia desta colaboración institucional e financeira para apoiar un dos programas máis demandados pola mocidade galega. Lembrou que o departamento que dirixe destina 5 M€ de fondos propios para avalar os préstamos hipotecarios solicitados por menores de 36 anos, mentres que no caso de vivenda protexida non existe límite de idade para acceder a estes avais.

Allegue fixo apuntou que o aval da Xunta complementa o 80 % do préstamo avalado polas entidades bancarias, polo que o 20 % restante é cuberto pola Administración autonómica, co obxectivo de facilitar a compra desa primeira vivenda.

O prazo para solicitar estas axudas permanecerá aberto ata o 30 de outubro.

Desde a primeira convocatoria, en 2023, a Xunta leva foron concedidos 219 avais para adquisición de vivenda, cun aval da Xunta superior a 4 M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/05/2026