Martina Aneiros celebra os 300 anos do Ferrol moderno con escolares da cidade

Ferrol, 29 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, saudou esta mañá, na praza de Armas, aos escolares participantes na celebración dos 300 anos da creación do Ferrol moderno.

A actividade, organizada polo Concello de Ferrol no marco do VI Festival Ilustrado, consistiu na representación por parte de alumnos de centros de ensino locais do número 300 e a bandeira da cidade mediante cartolinas de cores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/05/2026