Lorenzana analiza co alcalde de Cabana de Bergantiños os avances en materia de solo empresarial no concello

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en San Caetano, unha reunión de traballo co alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, para analizar os avances en materia de solo empresarial neste municipio coruñés. En concreto, Lorenzana e Muíño abordaron o Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) para o desenvolvemento do polígono industrial do concello que terá uns 270.000 m2 de superficie.

A titular de Economía e Industria lembrou que Galicia contará en 2030 con case 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial cun investimento de máis de 440 millóns de euros. Deles, preto de 4,2 millóns de m2 estarán na provincia da Coruña cun orzamento de 112 millóns de euros. O obxectivo é dispoñer dunha oferta de solo máis competitiva, equilibrada e adaptada ás necesidades do tecido produtivo, así como favorecer a captación de novos investimentos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/06/2026