Villaverde recibe a Aprometur para coñecer os seus proxectos
2026-06-08
/documents/35297/2155662/20260608VillaverdeAprometur+%281%29.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 8 de xuño do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, recibiu este luns aos representantes da Asociación para a Promoción Meca do Turismo do Grove (Aprometur), co obxectivo de coñecer, de primeira man, a actividade que desenvolven, así como os seus principais proxectos e retos de futuro.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a Consellería do Mar está a manter cos distintos axentes que teñen vinculación co sector marítimo, coa intención de saber que tipo de actividades están realizando.
Data de actualización: 08/06/2026