O secretario xeral para o Deporte participa hoxe na presentación do Campionato de España de clubs de baloncesto 3x3 en categoría sub 17, que se disputará en Santiago

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do Campionato de España de clubs de baloncesto 3x3 en categoría sub 17, que se disputará nesta cidade do 12 ao 14 de xuño e reunirá os 40 equipos mellor clasificados das ligas autonómicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/06/2026