Lorenzana confía na capacidade do proxecto Celta 360 para converterse nun polo de atracción de talento e revulsivo para a economía de Vigo e toda a comarca

Vigo, 8 de xuño de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, manifestou o seu convencemento de que o proxecto da nova Cidade Deportiva do Celta de Vigo, Celta 360, será un polo de atracción de talento e un revulsivo para a economía de Vigo e toda a comarca.

Acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e da directora xeral de FP, Eugenia Pérez, Lorenzana interveu hoxe na xornada O valor invisible do club: sustentabilidade, transparencia e futuro no Celta, onde reiterou o apoio da Xunta a este proxecto quer, dixo, transcende ao deportivo e vai beneficiar a toda Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/06/2026