Lorenzana aborda co Clúster da Construción o plan director para o sector coa previsión de que poida estar aprobado no segundo semestre deste ano

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo estes días un encontro con representantes do Clúster da Construción Galicia Constrúe con quen avaliou a marcha dos traballos para a elaboración do plan director do sector, que previsiblemente, podería estar aprobado no segundo semestre deste ano.

Na xuntanza, Lorenzana puxo en valor a aposta que vén facendo esta entidade a prol da industrialización da cadea de valor do sector e por consolidar unha rede de colaboración sólida entre todas as empresas que a constitúen, que son 59 e representan máis de 2.000 millóns de euros en facturación.

O sector da construción en Galicia, segundo datos do propio clúster, conta con 12.720 empresas, 132.000 persoas traballadoras e representa o 9,1 % do PIB da comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2026