Villares asiste á maratón de fútbol sala de Castroverde, que conta co apoio da Xunta de Galicia

Castroverde (Lugo), 12 de xuño de 2026

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, asistiu hoxe á última xornada do XIX Maratón de fútbol sala de Castroverde, que se vén celebrando desde o venres na localidade e conta co apoio da Xunta de Galicia.

Villares felicitou ao Castroverde Fútbol Sala por esta iniciativa e polo seu impulso ao deporte base no concello. Neste sentido, destacou o traballo que realizan na escola deportiva cos máis pequenos “que non só aprenden técnicas futbolísticas senón tamén hábitos saudables e valores educativos, como o respecto polos demais e o traballo en equipo”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2026