A Xunta dálle a benvida á selección española de taekwondo concentrada estes días en Ribeira

Ribeira (A Coruña), 18 de xuño de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe no acto de benvida aos integrantes da selección española de taekwondo que adestran no CAR de Madrid e que esta semana se concentran en Ribeira. No grupo, que realiza a súa preparación no NADE (núcleo de adestramento deportivo especializado) de taekwondo de Ribeira co Natural Sport como club anfitrión, atópanse os galegos Helena García e Sergio Troitiño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/06/2026