Villares participa na xornada final da Semana do Deporte que organiza o Espazo Xove da Xunta en Vilalba

Vilalba (Lugo), 19 de xuño de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou esta tarde na xornada final da Semana do Deporte que organiza a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no Espazo Xove de Vilalba.

Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas.

Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2026