Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08.30 h. de hoxe

Quedou estabilizado ás 22.15 horas de onte o lume do concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal, e que afecta unhas 50 hectáreas en Galicia

Continúa activo desde as 04.06 horas de onte o incendio forestal do concello da Capela, parroquia de Capela, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unhas 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 08.30 horas de hoxe.

A CORUÑA

Activo A Capela-Capela

Continúa activo desde as 04.06 horas de onte o incendio forestal do concello da Capela, parroquia de Capela, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unhas 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 13 axentes, 18 brigadas, 19 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros e 2 avións.

OURENSE

Estabilizado A Mezquita-Manzalvos

Quedou estabilizado ás 22.15 horas de onte o lume do concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal ás 07.18 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada en Galicia é de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 16 brigadas, 9 motobombas, 4 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 22/06/2026