Rueda recibe o Real Club Celta de Vigo Fortuna tras acadar o seu ascenso a Segunda División

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe o Real Club Celta de Vigo Fortuna tras acadar o seu ascenso a Segunda División.

Durante a recepción no Pazo de Raxoi, o titular do Executivo galego salientou que este espazo é “o máis solemne co que conta a Xunta”, reservado “ás cousas ás que queremos dar máis relevancia”.

Así, Rueda sinalou que este éxito foi froito do esforzo realizado por xogadores, corpo técnico e directiva durante toda a tempada. Un equipo marcado polo seu talento e pola “aposta tan grande pola canteira” que “se ve tanto no primeiro equipo coma neste Celta Fortuna”.

O presidente tamén resaltou o gran momento que está a vivir o fútbol galego, así como o deporte en xeral na nosa comunidade, sinalando que este ascenso se ”suma a todos os éxitos deportivos que estamos tendo este ano de Galicia Calidade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/06/2026