A Xunta apoia o Campionato de España de Piragüismo de Barco Dragón que se celebrará en Lugo os días 4 e 5 de xullo

Lugo, 30 de xuño de 2026

O delegado territorial, Alfonso Villares, amosou hoxe o apoio da Xunta ao X Campionato de España de Barco Dragón, que se celebrará en Lugo os días 4 e 5 de xullo organizado polo Club Cidade de Lugo en colaboración coa Real Federación Española de Piragüismo.

Villares participou no acto de presentación e gabou o esforzo realizado “para atraer unha competición de primeiro nivel, nunha demostración máis do bo momento que atravesa este deporte na provincia”. O campionato disputarase nas modalidades DB12 e DB22 na distancia de 200 metros.

A Xunta asigna á Federación Galega de Piragüismo unha axuda de 484.000 euros mediante convenio para desenvolver actividades no 2026, promover os campionatos de ámbito autonómico ou potenciar a presenza dos clubs e deportistas galegos nas competicións nacionais auspiciadas pola Federación Española, entre outros cometidos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/06/2026