A delegada da Xunta en Ferrol reúnese co presidente da Asociación Deportiva Monte Medulio no marco do ‘VI Beach Rugby Vila de As Pontes’
2026-07-01
/documents/35297/2184056/ReunionADMonteMedulio.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 1 de xullo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho ao presidente da Asociación Deportiva Monte Medulio, Joel Carballeira. Durante o encontro trataron, entre outros temas, a organización do VI Beach Rugby Vila de As Pontes, que se celebrará no entorno do lago das Pontes os días 31 de xullo e 1 de agosto.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.
Data de actualización: 01/07/2026