A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, visitou hoxe a actuación executada ao abeiro do Plan Hurbe

A Xunta remata as obras de humanización e mellora da accesibilidade no núcleo de Moreiras, en Toén, que acadan un investimento total de máis de 400.000€

As intervencións incluíron unha área de xogos para nenos, zona de pérgolas con mobiliario, a instalación de elementos biosaudables, unha pista multideportiva e un auditorio con bancos prefabricados e escenario

Allegue pon en valor a colaboración da Xunta cos Concellos a través do Plan Hurbe, dirixido a cooperar no financiamento de melloras de contornas urbanas ou equipamentos e dotacións para avanzar “nun urbanismo responsable, por e para a veciñanza”

A conselleira subliñou que o espazo de Moreiras se converte nun novo espazo de desfrute de nenos e maiores, “un lugar para reunións e para socializar”

Do orzamento total de máis de 400.000€, a Xunta aportou o 70% e licitou e executou as obras, mentres que o Concello sufragou o 30% restante

Toén (Ourense), 2 de xullo de 2026

A Xunta remata as obras de humanización e mellora da accesibilidade no núcleo de Moreiras, no concello ourensán de Toén, que acadan un investimento total de máis de 400.000€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, visitou hoxe esta actuación executada ao abeiro do Plan Hurbe.

A conselleira puxo en valor esta intervención, que permite completar as intervencións realizadas con anterioridade neste núcleo, tamén con apoio da Xunta. En concreto, nesta segunda fase acondicionouse unha parcela coa creación de dunha área de xogos infantil, unha zona de pérgolas con mobiliario para sentarse e xogar ás cartas, elementos biosaudables, unha pista multideportiva ou un auditorio con bancos prefabricados e escenario.

Os traballos completáronse con nova iluminación, rede de pluviais e a instalación de mobiliario urbano integrado coa contorna, no que prima o uso de materiais naturais como a madeira.

Allegue destacou a calidade desta actuación enmarcada no Plan Hurbe, co que a Administración autonómica colabora cos concellos no financiamento de melloras de contornas urbanas ou equipamentos e dotacións, “para facer un urbanismo responsable, por e para a veciñanza, para o desfrute de todos”.

Subliñou deste xeito que o espazo de Moreiras se converte nun novo punto de encontro e convivencia entre nenos e maiores, “nun novo espazo para reunións e para socializar”. Neste senso, destacou a aposta do Concello de Toén por intervencións como a visitada “tan necesarias” para avanzar no desenvolvemento da vila e “nesa Galicia calidade na que temos que entre todos seguir traballando”.

Do orzamento total de máis de 400.000€, a Xunta aportou o 70% e licitou e executou as obras, mentres que o Concello sufragou o 30% restante.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/07/2026