Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta ao Parque do Xurés

O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 1 hectárea

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou controlado ás 15.40 horas.

O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 1 hectárea. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 axente, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 03/07/2026