A Xunta licita por máis de 405.000 € a concesión do servizo da escola infantil de 0 a 3 anos para o Hospital de Barbanza

O obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal e laboral do persoal do hospital situado en Ribeira

O período obxecto do contrato é de 3 anos con posible prórroga de 24 meses

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 27 de xullo para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026

O Portal de contratos Públicos de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a licitación, por un importe de 405.570 euros, da concesión do servizo da escola infantil para o Hospital de Barbanza, que atende a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Este servizo busca facilitar a conciliación da vida persoal e laboral do persoal do hospital comarcal e do resto de familias que utilizan a escola.

Deste xeito, facilítase que as persoas beneficiarias exerzan a súa actividade profesional facendo compatible a paternidade e maternidade coa vida laboral.

Antes da finalización da vixencia da actual concesión, o Servizo Galego de Saúde abre a licitación deste contrato. Terá unha duración de 3 anos con posible prórroga máxima de 24 meses.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 27 de xullo para presentar as súas ofertas.

Data de actualización: 06/07/2026