A Xunta apoia a competición deportiva que acollerá Lugo o domingo dentro do circuíto ‘Games Series Galicia’

O delegado territorial, Alfonso Villares, participou na presentación da proba, que conta con 313 participantes inscritos nas categorías individual e por parellas

Lugo, 8 de xullo de 2026

A Xunta apoia a proba do circuíto Games Series Galicia que se desenvolverá nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12 de xullo. 

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na presentación da cita xunto cos organizadores e representantes doutras entidades involucradas. Trátase dunha modalidade deportiva que combina catro quilómetros de carreira con nove estacións de exercicios físicos que se realizan de forma intercalada. 

A competición conta con 313 deportistas inscritos nas categorías individual – masculina e feminina – e por parellas – que tamén poden ser mixtas -. O inicio está previsto para as 9,00 horas.

Desta forma, Lugo acolle unha das catro semifinais que se celebran en Galicia, unha por provincia. As primeiras foron en Pontevedra e Monterrei e a seguinte terá lugar o 30 de agosto en Oleiros. Os clasificados para a gran final xogaranse o título na final da Games Series, que terá lugar o 27 de setembro na Estrada. 

Ademais, este ano como novidade as catro semifinais puntúan en formato liga, proclamando un campión da liga regular e posteriormente o gañador entre os  clasificados que competirán na Estrada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2026