A delegada da Xunta en Ferrol reúnese co club Bodyboard Ferrol no marco do ‘IX campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol’

Ferrol, 9 de xullo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho a un representante do club Bodyboard Ferrol. Durante o encontro trataron, entre outros temas, a organización do IX Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol, que se celebrará do 28 ao 30 de agosto.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2026