A Xunta reforza as sinerxías co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no marco da colaboración público-privada

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo esta semana un encontro de traballo co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano González, co gallo de reforzar as sinerxías entre as partes no marco da colaboración público-privada. Na reunión tamén estiveron o secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e a responsable da área técnica do COAG, Lucía Fernández.

Na xuntanza, tratáronse posibles vías de cooperación a prol da empregabilidade deste colectivo profesional, fundamental nun sector estratéxico para Galicia como o da construción. Nese senso, entre outras cuestións, abordouse tamén a nova convocatoria autonómica de axudas para o impulso á rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras, que ten o prazo de solicitude aberto ata o día 15 deste mes de xullo e que está concibida para garantir a cobertura de vacantes laborais, ao tempo que se aposta por fixar poboación en concellos de menos de 20.000 habitantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2026