Lorenzana destaca o papel que debe facer a administración como aliada das empresas que queren investir en Galicia

O Grove (Pontevedra), 9 de xullo de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe o papel que debe facer a Administración autonómica como aliada das empresas que queren implantarse en Galicia, investindo en solo empresarial, reforzando as infraestruturas, simplificando procedementos e impulsando a innovación.

Así o manifestou durante a súa intervención no acto de entrega dos premios da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), que este ano lle foron outorgados ao fundador e presidente de Ecoener, Luis de Valdivia, recoñecido como Empresario Galego do Ano en Galicia; e ao socio director de Alsis Funds, David Sánchez-Tembleque, que recibiu o premio Empresario Galego do Ano no Exterior. 

A ambos os dous recoñeceulles a súa traxectoria e definiunos como exemplo de que “cando hai talento directivo, hai empresas líderes”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/07/2026