A Xunta recibe 4 ofertas para construír 41 novas vivendas de promoción pública en Vigo, cun investimento de 8,8 M€
Construiranse dous edificios de 19 e 22 vivendas nas parcelas M-IIIB-16 e M-IIIB-14 respectivamente, no polígono 2 de San Paio de Navia
Esta promoción insírese no compromiso da Xunta de duplicar o parque público de vivenda, chegando a 8.000 antes do remate de 2028, prevendo 10.000 no ano 2030
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026
A Xunta recibe 4 ofertas para construir 41 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo, cun investimento de 8,8M€.
O obxectivo é a construción de dous edificios nas parcelas M-IIIB-16 e M-IIIB-18 do Plan Parcial de San Paio de Navia, en Vigo.
Na parcela M-IIIB-16, o edificio proxectado destínase a 19 vivendas, rochos e prazas de garaxe. Consta dunha planta de soto para 19 prazas de garaxe e instalacións; planta baixa para soportal, 2 portais de acceso ás vivendas, 19 rochos, local de uso comunitario e locais de instalacións e servizos; tres plantas altas para uso residencial con 5 vivendas por planta e planta ático tamén para uso residencial, cun total de 4 vivendas.
Na parcela M-IIIB-18, o edificio terá 22 vivendas, rochos e prazas de garaxe. Consta dunha planta soto para 22 prazas de garaxe e local de instalacións; planta baixa para soportal, dous portais de acceso ás vivendas, 22 rochos, local de uso comunitarios e locais de instalacións e servizos; tres plantas altas para uso residencial, con 6 vivendas por planta; e planta ático tamén para uso residencial, para un total de 4 vivendas. Unha das vivendas e unha das prazas de garaxe están adaptadas a persoas con mobilidade reducida.
Esta promoción insírese no compromiso da Xunta de Galicia de duplicar o parque público de vivenda, chegando a un total de 8.000 unidades, antes do remate de 2028, que se converterán en 10.000 no ano 2030. Con tal fin, xa están en diversas fases de execución 4.000 novas vivendas de promoción pública.
En Vigo a Xunta ten actualmente 927 vivendas de promoción pública en diversas fases de execución, todas elas en solo urbanizado pola Xunta.