A Xunta destina máis de 40.000 euros á modernización e dixitalización de dúas áreas de servizo en Vilanova de Arousa

O delegado territorial visitou dúas das beneficiadas por esta liña de axudas que adquiriron grupos electróxenos, sistemas informáticos e desfibriladores eléctricos

López aproveitou a visita para destacar o compromiso da Xunta co apoio aos pequenos e medianos empresarios do rural

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 14 de xullo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo López, visitou esta mañá As estacións de servizo Mararnelas S.L e Cepsa Vilanova, ambas no concello de Vilanova de Arousa, con motivo das axudas da Xunta para a modernización tecnolóxica e dixital das estacións de servizo de ámbito rural.

Acompañado polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, o delegado puxo en valor a importancia desta liña de axudas que permitirá instalar un desfibrilador, así como grupos electróxenos e un novo sistema informático nas gasolineiras visitadas, grazas a unha axuda total da Xunta de máis de 40.000 euros.

Cabe destacar que estas axudas beneficiaron a un total de 19 áreas de servizo na área territorial de Pontevedra, por un valor de preto de 160.000 euros.

O delegado territorial destacou o compromiso da Xunta coa modernización das empresas galegas e lembrou a necesidade de “apostar pola dixitalización das empresas rurais”. Ademais, López non perdeu a oportunidade de agradecer o traballo e a confianza de tantos pequenos e medianos empresarios que arriscan o seu patrimonio para crear riqueza, xerar emprego e, en definitiva, facer crecer Galicia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/07/2026