A Xunta e Repsol avalían vías de colaboración conxunta
2026-07-14
/documents/35297/2199115/20260714+ReunionConselleirasRepsol.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026
As conselleiras de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuníronse hoxe coa directora de Combustibles Renovables de Repsol, Berta Cabello, e a directora do Complexo Industrial na Coruña, Natalia Barreiro, para avaliar vías de colaboración conxunta entre ambas entidades.
Durante o encontro, as representantes da empresa explicaron ás conselleiras algunhas das iniciativas que están a desenvolver na compañía e no complexo da Coruña para a transformación industrial e a descarbonización de procesos e produtos.
Data de actualización: 14/07/2026