Martina Aneiros reafirma o apoio da Xunta ao deporte durante a presentación da LXXII Copa Calleja de tenis

Ferrol, 21 de xullo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación da LXXII Copa Calleja de tenis e do Open de España Copa Calleja 2026 II Memorial Mabel García, competicións que forman parte do circuíto nacional IBP Tenis e que se dirimirán do 24 de xullo ao 1 de agosto no Club de Tenis de Ferrol, onde se darán cita xogadores de primeiro nivel.

Na súa intervención, Aneiros destacou o apoio decidido da Xunta de Galicia a este evento deportivo de gran relevancia para a cidade, “cremos firmemente que o deporte é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento persoal e comunitario e eventos como a Copa Calleja son unha oportunidade única para fomentar a práctica deportiva e a convivencia entre os participantes, contribuíndo á promoción dos valores do deporte na nosa comunidade”, indicou. Fixo tamén mención á celebración da segunda edición do torneo feminino Memorial Mabel García, “seguimos así adiante con este campionato feminino, buscando chegar a cumprir tantas edicións coma a súa contraparte masculina”, salientou a delegada, que aproveitou para animar a toda a cidadanía a achegarse ao Club de Tenis de Ferrol para desfrutar dos partidos e animar aos xogadores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2026