A Xunta destina máis de 43.000 euros á modernización, dixitalización e mellora da seguridade da área de servizo de Ponte Ulla en Vedra
A delegada visitou unha das beneficiarias desta liña de axudas que serviu para a instalación de melloras asociadas ao pagamento e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade da estación de servizo
Vedra (A Coruña), 22 de xullo de 2026
A Delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Vedra Carlos Martínez e polo Director Territorial de Economía e Industria, Isidoro Martínez, visitou esta mañá a estación de servizo Ponte Ulla , con motivo das axudas da Xunta para a modernización tecnolóxica e dixital das estacións de servizo do ámbito rural.
A delegada puxo en valor a importancia desta liña de axudas, que permitirá nesta área de servizo, nas dúas marxes, a implantación dun sistema autónomo de cobro , así como un sistema de prevención e extinción automática de incendio, grazas a unha axuda total da Xunta de máis de 43.000 euros.
A incorporación do sistema autónomo de cobro permitirá ampliar a dispoñibilidade do servizo durante máis horas, mentres que o novo sistema automático de prevención e extinción de incendios reforzará a seguridade tanto das instalacións como das persoas usuarias.
Estas axudas teñen como obxectivo impulsar a modernización das estacións de servizo situadas no rural, en concreto en concellos de menos de 20.000 habitantes, favorecendo a incorporación de novas tecnoloxías que melloren a atención á clientela, a seguridade das instalacións e a competitividade destes negocios.
Cabe destacar que estas axudas beneficiaron a un total de 21 áreas de servizo na provincia de A Coruña, por un valor de preto de 240.000 euros. Na comarca de Santiago foron beneficiadas catro estacións de servizo cunha axuda de preto de 66.000€ .Esta orde de axudas contou cun presuposto de 800.000 euros cunhas intensidades de axudas entre un 50 e un 90 por cento
A delegada destacou o compromiso da Xunta coa modernización das empresas galegas e lembrou a necesidade de “apostar pola dixitalización das empresas rurais”co obxectivo de favorecer un desenvolvemento económico equilibrado e reforzar a competitividade das empresas en todo o territorio.