A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para construír 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol
Construirase un inmoble formado por dous bloques continuos diferenciados en altura, un en “U”, que constará de 40 vivendas e outro lineal, que disporá de 18
A Xunta ten en marcha actualmente 353 vivendas públicas no barrio do Bertón
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2026
A Xunta recibiu 10 ofertas de empresas para construír 59 vivendas públicas no Bertón en Ferrol, licitadas por 10,1M€.
En concreto, esta promoción construirase na parcela 14 do Bertón, conformada por dous bloques continuos diferenciados en altura, un en “U”, que constará de 40 vivendas e outro lineal que disporá de 18.
Estes fogares serán de 1, 2 e 3 dormitorios, todos con garaxes e rochos. Haberá dúas vivendas adaptadas para persoas con mobilidade reducida. Serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxeticamente.
A Xunta ten na actualidade en marcha 353 vivendas públicas no barrio ferrolán do Bertón, en diversas fases de execución.
Delas, tamén están en licitación por preto de 10,3M€ as obras doutras 58 vivendas na parcela 15, para as que as empresas poden presentar ofertas ata o 22 de setembro.
Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e disporán de garaxes e rochos. Na planta baixa haberá 4 locais comerciais.