A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto G. Porto, reuniuse con representantes da entidade

A Xunta estuda con Caixa Rural Galega vías de colaboración para o financiamento de vivenda protexida, no marco da estratexia de desenvolvemento de solo residencial

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026

A Xunta estuda con Caixa Rural Galega vías de colaboración para o financiamento de vivenda protexida, no marco da Estratexia de desenvolvemento de solo residencial impulsada polo Goberno galego. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda  e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo hoxe unha reunión de traballo co director xeral e o subdirector xeral da entidade, Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón e Gabriel Guijarro Arca, respectivamente,

O departamento que dirixe M. Allegue segue impulsando a estratexia para o desenvolvemento de solo residencial para acadar 25.000 vivendas na comunidade, das que 20.000 serán protexidas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/07/2026