Medio Rural estuda liñas de traballo con axentes do sector forestal para favorecer o impulso dos aproveitamentos sustentables

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026

 A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (LugoMadera); da Asociación Forestal de Galicia (AFG); a Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga); do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e da Asociación Galega Monteindustria; para estudar novas liñas de traballo conxuntas para favorecer o impulso dos aproveitamentos forestais sustentables e crear un grupo de traballo co sector con este obxectivo. 

Nesta xuntanza a directora xeral reafirmou o compromiso do Goberno autonómico por garantir un sector forestal activo e produtivo, ao tempo que se respectan as vertentes ambientais e socias das que gozan os bosques galegos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/07/2026