A Xunta recibe 7 ofertas para as obras da senda peonil e ciclista na PO-313 entre Cadro e Cadrelo, no Concello de Marín, nas que inviste máis de 740.000 €

O itinerario esténdese ao longo preto dun quilómetro na marxe esquerda da estrada PO-313 e os traballos incluirán outras actuacións, como unha parada de autobús e varios treitos de varanda no percorrido

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026

A Xunta recibiu 7 ofertas de empresas para abordar as obras da senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-313 entre Cadro e Cadrelo, no concello de Marín, actuación na que inviste máis de 740.000€ (741.529€) e que se prevé cofinanciar con fondos europeos FEDER.

O novo itinerario na PO-313, estrada que une Marín e Moaña, estenderase ao longo de case un quilómetro de percorrido na marxe esquerda do viario, en concreto desde os puntos 4+120 e 5+035, e terá unha anchura de entre 1,80 e 2,22 metros.

Ademais, a actuación incluirá obras complementarias para garantir a funcionalidade da senda, como a habilitación dunha parada de autobús na contorna do pk 0+700, así como a execución de varios treitos de varanda ao longo do percorrido.

A actuación enmárcase no compromiso da Administración autonómica coa mobilidade sostible e segura e este novo treito de senda súmase aos anteriores executados nesta estrada desde Coirados e Pardavila ata Cadro, de xeito que se completará un itinerario seguro para os desprazamentos a pé ou en bicicleta ao longo dun total de 5km. O prazo de execución das obras será de 12 meses.

Data de actualización: 04/08/2026