A Xunta destaca a importancia de iniciativas como o Xantar da Terceira Idade da Lama, que promoven o envellecemento activo e saudable

A Lama (Pontevedra), 4 de agosto de 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participaron hoxe no tradicional Xantar da Terceira Idade do Concello da Lama.

Unha celebración, que, segundo destacaron os representantes da Xunta, fomenta a confraternización dos maiores promovendo o envellecemento activo e saudable. Neste sentido, lembraron o labor do Executivo galego para ofrecer ás persoas maiores programas e recursos que facilitan que poidan pasar esta etapa das súas vidas nos lugares que escollan e que melloran a súa calidade de vida.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2026