O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións
A Xunta financia a remodelación do centro social municipal de maiores de Boimorto
As obras, que executará o Concello, buscan a mellora da distribución interior, da funcionalidade, da durabilidade e da estética do espazo
Boimorto (A Coruña), 5 de agosto de 2026
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou está maña o centro social municipal de maiores de Boimorto acompañado pola alcaldesa da localidade, María Jesús Novo. Alí anunciou o próximo inicio das obras de remodelación das instalacións, que executará o Concello e contarán coa financiación do Executivo autonómico.
A Xunta achega 28.000 euros para a rehabilitación integral do interior do centro, co obxectivo de mellorar a distribución, a funcionalidade, a durabilidade e a estética do espazo.
Deste modo, se incorporará novo equipamento xeriátrico adaptado ao uso de persoas maiores, con mobiliario ergonómico e funcional, se renovarán os acabados interiores, incluíndo pavimento vinílico, falso teito de madeira ou pintura plástica en cores diferenciados por zonas. Ademais, se creará unha sala audiovisual con butacas, revestida con paneis acústicos alistonados e módulos de madeira e se deseñarán tres estantes móbiles que permitirán configurar o espazo segundo as necesidades das distintas actividades.
O centro municipal de maiores de Boimorto, en funcionamento desde o ano 2008, presta servizo de forma habitual a uns 60 veciños da localidade e constitúe un recurso esencial para a atención, o benestar e a socialización deste colectivo. A Xunta aposta por dotar as persoas maiores de recursos e programas que facilitan que poidan pasar esta etapa das súas vidas nos lugares que escollan e que melloran a súa calidade de vida.