A delegada territorial da Xunta participa na inauguración de Equiocio Ferrol 2026

Ferrol, 6 de agosto de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe no Campo das Cabazas, en Covas, no acto de inauguración de Equiocio Ferrol 2026, un evento que combina a competición deportiva hípica cunha programación chea de accións relacionadas co medio ambiente, a cultura, o compromiso social, a gastronomía e a promoción turística.

Concluído o acto, as autoridades presentes fixeron un percorrido polos diferentes espazos e tiveron a ocasión de desfrutar da destreza dos xinetes e amazonas que competiron no Trofeo Xunta de Galicia. A delegada territorial presidiu posteriormente a entrega dos trofeos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/08/2026