Villaverde apela á importancia da divulgación sobre o mar con proxectos como 'Peiraos do Solpor' da Autoridade Portuaria de Vigo

Vigo, 6 de agosto de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe o visor submarino Atlántida, ubicado no paseo dos Peces da vila de Bouzas.

Durante a visita, Villaverde apelou á importancia da divulgación do mundo do mar, con proxectos como Peiraos do Solpor, desenvolvido pola Autoridade Portuaria de Vigo. Construído a entre 6 e 10 metros de profundidade, o visor conta cunha sala de observación equipada con grandes fiestras submarinas onde se pode contemplar directamente e en liberdade a rutina e o comportamento de múltiples especies autóctonas, tales como sargos, robalizas, xureles, maragotas, choupas ou o singular peixe ballesta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/08/2026