Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
Activo desde as 15,59 horas un incendio na parroquia de Arnego, no concello pontevedrés de Rodeiro, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Tamén permanece activo desde as 16,03 horas outro lume na parroquia de Carboentes, tamén en Rodeiro, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas
Continúa activo desde as 12,21 horas o incendio do concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 95 hectáreas
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe.
PONTEVEDRA
Activo Rodeiro-Arnego
Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Arnego, rexistrado hoxe ás 15,59 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 8 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.
Activo Rodeiro-Carboentes
Está activo desde as 16,03 horas, tamén no concello de Rodeiro, un incendio forestal que afecta á parroquia de Carboentes. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 7 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.
OURENSE
Activo Baltar-Garabelos
Segue activo desde as 12,21 horas o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 95 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 7 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.