Estabilizado o incendio forestal do concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua

O lume iniciouse ás 17,38 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado onte no concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua, está estabilizado desde as 08,42 horas de hoxe.

Este lume iniciouse ás 17,38 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 19 axentes, 21 brigadas, 20 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 4 avións. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 13/08/2026