Villares destaca que a ‘Semana Náutica’ proxecta a imaxe de Ribadeo como destino de turismo deportivo

Ribadeo (Lugo), 14 de agosto de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na entrega de premios da XXXVI Semana Náutica de Ribadeo, que organiza o Real Club Náutico da localidade e conta co apoio do Goberno galego.

Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”.

A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de submarinismo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/08/2026